Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha investigación sostén que Colón era de Val do Dubra

Unha investigación sostén que Colón era de Val do Dubra

O arquitecto Marcos Castro defende que Colón era o fidalgo dubrés Rodrigo Louzán

Baséase en tres documentos históricos nos que identifica a Louzán co navegante

G24.gal 12/04/2022 15:00

Nin xenovés, nin portugués, nin balear, tampouco de Poio. Segundo a teoría do arquitecto Marcos Castro, Colón era galego, pero de terra adentro, da terra de Val do Dubra. Segundo esta hipótese, Colón é o pseudónimo de Rodrigo Louzán, que solicitou a fidalguía para poder gobernar nos territorios conquistados. 

"Atopei tres documentos que relacionan a Cristovo Colón con Rodrigo Louzán. Un deles está no arquivo de Simancas, unha demanda de fidalguía dos Reis Católicos ao concello de Dubra que solicitan o título para Rodrigo Louzán", explica o investigador.

O mesmo fidalgo, que, segundo afirma, aparece nun documento de arrendamento dos sogros de Colón. Ademais esta teoría destaca que o navegante usaba moitas palabras galegas e que asinou unha carta marítima como Colón de Terra Rubra.

"Segundo o seu fillo Hernando, que conta a historia, estaba escrito de forma corrupta. Esa Terra Rubra sería Terra Dubra"

Marcos dá por finalizada a súa investigación. Pasoulla ao equipo granadino que estuda o ADN dos ósos de Colón. Unha información que despexará moitas dúbidas sobre un dos segredos mellor gardados da historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade