Unha pelexa no barrio coruñés de Palavea terminou con tres persoas feridas e un home detido
Unha pelexa no barrio coruñés de Palavea terminou con tres persoas feridas e un home detido
Os veciños chamaron ao 092 alertando dunha multitudinaria pelexa con feridos de gravidade
Un dos participantes atacou a outro cunha machada de grandes dimensións
Aconteceu na rúa e a plena luz do día. Segundo a Asociación Profesional da Policia Local da Coruña, varios residentes do barrio de Palavea chamaron ao 092 alertando dunha multitudinaria pelexa na que, segundo eles, había feridos de gravidade.
Ao lugar desprazáronse varias patrullas da Policía Local e os axentes lograron incautárselle a un dos participantes na lea dunha machada de grandes dimensións coa que, segundo algún veciño que non quixo falar diante da cámara, agrediu a outro dos implicados.
Finalemente, a pelexa acabou con tres persoas feridas que tiveron que ser trasladadas ao CHUAC para ser atendidas e un home detido.