Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha liorta nas festas da Pobra deixa varios feridos, entre eles un policía local

Unha liorta nas festas da Pobra deixa varios feridos, entre eles un policía local

O suceso produciuse nunha durante a madrugada do sábado, nos San Juerguines, paralelos á Festa do Carme

G24.gal 22/08/2022 14:36

Batalla campal esta fin de semana na Pobra do Caramiñal. Ata corenta persoas víronse envoltas na lea, que comezou contra a medianoite e saldouse con varios feridos. 

O suceso tivo lugar na madrugada do sábado ao domingo aquí, nesta explanada situada ao final do paseo marítimo da Pobra. Foi durante a actuación dunha discoteca móbil enmarcada dentro das actividades dos San Juerguines, paralelos á Festa do Carme.

Ata o lugar acudiron catro axentes da policía local que solicitaron o apoio dunha patrulla da Garda Civil. Un dos policías locais que mediaron na lea resultou ferido leve no ombreiro e brazo dereito. Outras catro persoas resultaron feridas. Foron atendidas por unha ambulancia ubicada no lugar, e unha delas tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.

Desde a Comisión de Festas da Pobra, que este luns está a celebrar o último día do Carme dos Pincheiros, desmarcáronse desta actividade e indicaron que non se corresponde co espírito da festa.

Desde as peñas dos San Juerguines, organizadores da Festa Rachada, emitiron un comunicado oficial repudiando os actos violentos acontecidos e agradecendo a intervención dos servizos de Policía Local, Garda Civil, sanitarios e Protección Civil.

Os veciños da Pobra non queren que a súa festa sexa identificada con este tipo de actos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade