Cargando resultados...
Unha locomotora descarrila na Coruña e choca contra un muro
A máquina ía sen carga e o condutor saíu ileso

G24.gal
21/08/2024 22:32
Unha locomotora descarrilou este mércores pola tarde na Coruña e acabou chocando cun muro.
O suceso ocorreu arredor das sete e media. A máquina circulaba dende o porto en dirección á estación de San Diego. O condutor saíu ileso.
Responsables de Adif confirmaron que hai unha investigación en marcha para esclarecer as causas do accidente.