Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha moza de 16 anos escribe a súa primeira obra, 'Punto y aparte', unha novela terapéutica

Unha moza de 16 anos escribe a súa primeira obra, 'Punto y aparte', unha novela terapéutica

Con este libro, Nuria Marquina, do concello ourensán de Coles, quere axudar a adolescentes coma ela que pasan por un mal momento psicolóxico

Unha novela en que trata temas como a ansiedade, o ascoso escolar, a baixa autoestima ou o suicidio

G24.gal 11/09/2023 22:23 Última actualización 11/09/2023 22:57

Nuria Marquina ten 16 anos e acaba de publicar o seu primeiro libro Punto y aparte. En plena adolescencia esta rapaza do concello ourensán de Coles refuxiouse na escrita para superar un mal momento psicolóxico e animouse a escribir unha novela en que trata temas como a ansiedade, o acoso escolar, a baixa autoestima ou o suicidio. Di que quere que o seu libro sirva de axuda a outros adolescentes.

Alicia é a protagonista de Punto y aparte, o primeiro libro de Nuria. Di que non quixo facer un libro de autoaxuda, pero cre que a través da historia de Alicia e outros personaxes que a acompañan pode axudar a adolescentes coma ela.

A lectura e escrita foron terapéuticas para ela. Ao volver do instituto foi escribindo a súa novela na súa casa en Coles, e decidiu autopublicala. Para mercala poden poñerse en contacto con Nuria a través das súas redes sociais: @nuriiamarquina, no Instagram, ou no seu correo electrónico nuriamarquina@gmail.com.

E di que o seu soño sería poder publicala en galego nalgunha editorial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade