Unha muller da Coruña busca o seu papagaio desaparecido
Unha muller da Coruña busca o seu papagaio desaparecido
O animal marchou hai 15 días, pero non perden a esperanza de que regrese
Unha coruñesa de case 90 anos pide axuda para atopar o seu papagaio perdido hai 15 días, cando escapou do seu domicilio. Foi un agasallo do seu neto cando quedou viúva hai sete anos e a súa compañía é moi importante no seu día a día.
Minda Pardo non perde a esperanza de que o seu papagaio Pepe, en paradoiro descoñecido, regrese. Saíu por unha xanela da casa e só un veciño dixo que o viu voando aos poucos días. Despois diso ningunha noticia.
O animal faille compañía a esta veciña do Martinete dende hai sete anos e xa é como parte da súa familia, por iso o barrio mobilizouse para tratar de localizalo. Se alguén ten algunha noticia do paradoiro de Pepe pode contactar con ela ou coas súas fillas ou netos a través do teléfono ou das redes sociais.