Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acusan unha muller da Coruña de avisar os bombeiros coa escusa dunha pota ao lume para que lle abrisen a porta

Acusan unha muller da Coruña de avisar os bombeiros coa escusa dunha pota ao lume para que lle abrisen a porta

Tras o informe dos servizos de emerxencia, no que aseguran que pretendía aforrar pagarlle ao cerralleiro, a muller terá que pagar pola intervención dos bombeiros

G24.gal 18/06/2024 14:27

Chamar os bombeiros por unha emerxencia cando non o é pode saír caro. E isto foi o que aconteceu nun inmoble da avenida de Oza, na Coruña. A muller sostén que alertou os servizos de emerxencias porque deixara unha pota ao lume. 

"Eu esquecín a pota de arroz ao lume. Ía ir á casa da miña filla e cando pechei a porta esquecín as chaves dentro. E como non sabía o número do seguro, chamei os bombeiros", explica.

Porén, cando os bombeiros lograron acceder ao interior da vivenda, comprobaron que non había ningún lume acendido.

"Eu pensei que a pota quedaba no lume, pero xa estaba apagado. Foi sen querer", defende a muller.

Segundo consta no informe dos bombeiros, o que pretendía a muller era entrar na casa aforrando o servizo dun cerralleiro. Ese si o aforrou, pero agora terá que pagar a intervención dos servizos de emerxencias.

De feito, os bombeiros alertaron a Policía Local. Unha vez no lugar, tomaron nota do acontecido e non se desbota que a conduta da muller sexa sancionada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade