Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller de 78 anos falece atropelada no concello de Vimianzo

Unha muller de 78 anos falece atropelada no concello de Vimianzo

A Garda Civil pide concienciación sobre o uso de pezas reflectoras

O lugar do accidente na estrada AC-432 O lugar do accidente na estrada AC-432
G24.gal 30/10/2022 08:43 Última actualización 30/10/2022 10:10

Unha muller de 78 anos faleceu a última hora deste sábado ao ser atropelada no concello de Vimianzo, na estrada AC-432 que vai a Camariñas. A muller saíu da case e cruzou a estrada, na chamada recta de Bribes, na Ponterroda.

Había pouca luz e non levaba ningunha peza reflectora. O condutor non a viu e a levou por diante. Os servizos de urxencia só puideron certificar o seu falecemento. Despois, trasladaron o corpo ao complexo hospitalario da Coruña para lle realizar a autopsia.

A Garda Civil de Tráfico alerta do elevado número de atropelos que se están a rexistrar nas estradas galegas. Por iso, piden concienciación sobre o uso de pezas reflectoras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade