Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller falece e outra queda ferida grave nun accidente en Guitiriz

Unha muller falece e outra queda ferida grave nun accidente en Guitiriz

Dous turismos bateron na autovía A-6 que une Madrid coa Coruña

G24.gal 12/03/2022 14:42

Unha muller morreu e outra quedou ferida de gravidade nun accidente de tráfico ocorrido ás 12:50 horas na autovía A-6, ao seu paso polo concello de Guitiriz.

Segundo informa o 112-Galicia, dous coches colidiron por alcance no punto quilométrico 528, na parroquia de Trasparga, en sentido Lugo.

No sinistro faleceu unha muller de 71 anos, veciña da Coruña, e outra ingresou grave no hospital. Catro persoas que tamén viaxaban nos coches quedaron ilesas.

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que liberar unha das persoas accidentadas que quedara atrapada no interior dun dos vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade