Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller ferida no incendio da súa vivenda en Salvaterra de Miño

Unha muller ferida no incendio da súa vivenda en Salvaterra de Miño

Os bombeiros tiveron que rescatala por unha fiestra

O edificio foi desaloxado durante varias horas

G24.gal 06/01/2023 13:57

Incendio importante esta noite en Salvaterra. Os bombeiros tiveron que rescatar á dona do piso que xa non podía saír polos seus medios. Saíu á fiestra fuxindo do fume e pedindo auxilio. O lume iniciarase no salón, pero os gases invadiron toda a vivenda. 

"Estabamos durmindo e escoitamos berros. Abrimos a persiana e xa a vimos coa cabeza por fóra da fiestra berrando que chamásemos aos bombeiros que morría alí dentro", explica a veciña do piso inferior.

Daniel Bar Franco,  xefe de quenda dos bombeiros do Porriño, participou no rescate e relata que "a vítima estaba nunha situación moi complicada porque estaba inhalando gases na fiestra. Case non podía respirar".

A muller foi trasladada ao hospital por inhalación de fume. Os bombeiros conseguiron rescatar os seus dous cans, pero o gato faleceu no incendio.

"Dende o momento no que os veciños botamos a porta abaixo encheuse todo e corredor de fume e tivemos que saír a rúa porque nos intoxicábamos".

Os bombeiros do Porriño e os de Ponteareas traballaron conxuntamente neste incendio. A extinción foi complexa e tiveron que desaloxar durante varias a todos os inquilinos do edificio. A Garda Civil revisou este venres a vivenda para aclarar as causas polas que se orixinou o incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar