Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller morre en Xirona asasinada pola súa parella, que despois tenta suicidarse

Unha muller morre en Xirona asasinada pola súa parella, que despois tenta suicidarse

Confirmaron a morte violenta da vítima, sen detallar aínda se se trata dun caso de violencia machista

G24.gal 22/02/2024 20:45

Unha muller foi asasinada supostamente a mans da súa parella en Olot (Xirona). O home faleceu máis tarde no centro hospitalario ao que fora trasladado despois de que, ao parecer, tentase suicidarse.

Os Mossos d'Esquadra confirmaron a morte violenta da vítima, sen detallar aínda se se trata dun caso de violencia machista, xa que os feitos se atopan baixo secreto de actuacións.

Tamén informaron de que, no domicilio da parella, atoparon ferida unha persoa que foi trasladada a un centro sanitario, pero non puideron salvarlle a vida.

Fontes policiais precisan que o cadáver da muller presentaba diversas puñaladas e que os fillos da parella se atopaban neses momentos ao cargo dun familiar. O Sistema de Emerxencias Médicas (SEM) activou tres unidades medicalizadas, un helicóptero e o seu equipo de psicólogos.

A División de Investigación Criminal dos Mossos d'Esquadra é a que está ao cargo do caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade