Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha nova marea vermella na ría de Pontevedra obriga a pechar os bancos marisqueiros

Unha nova marea vermella na ría de Pontevedra obriga a pechar os bancos marisqueiros

O sector mostra a súa preocupación polos peches continuos e pola campaña de Nadal

G24.gal 22/09/2022 14:20

Son moitos os colectivos profesionais que afrontan este outono con incerteza por diferentes motivos. Un deles, o de mariscadores na ría de Pontevedra, que volven ver interrompida a súa actividade apenas unha semana despois de retomala.

Un novo episodio de marea vermella obrigou a pechar todos os bancos marisqueiros desta ría de Pontevedra dende o Lérez ata a illa de Ons, e mesmo a ría de Aldán.

As confrarías da zona sofren así outro revés tras a última reapertura que foi hai tan só sete días. Desta volta, ademais, dende Intecmar avisan de que a toxina está a aumentar, polo que a parada podería durar un tempo. Os peches están a ser constantes dende a primavera e tras unha mala tempada de verán no sector hai preocupación xa pola campaña de Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade