Unha nova vida para os refugallos do monte
Unha nova vida para os refugallos do monte
Un proxecto liderado pola Facultade de Ciencias do Campus de Ourense busca novas saídas para os residuos agroforestais
Participan científicos de tres países: España, Francia e Portugal
O proxecto, denominado Newpower, conta cun orzamento de máis dun millón de euros
Máis alá da extracción de madeira ou celulosa, os montes son unha fonte de recursos en boa parte desaproveitados.
Pedro Miguel Ferreira Santos, investigador principal do proxecto Newpower: "Eucaliptos, os restos das limpezas forestais, das construcións en materia, onde se descarta moito material e ao que nós lle atopamos interese biotecnolóxico, químico...".
Mediante o proxecto Newpower, liderado polo Campus de Ourense e financiado con fondos europeos, o que se pretende é estudar outros aproveitamentos dos residuos agroforestais; desde os máis coñecidos, como a biomasa para carburantes, ata os denominados produtos biofuncionais para a industria alimentaria, a farmacéutica ou a biotecnolóxica.
Gil Garrote Velasco, investigador principal do proxecto Newpower: "Hai substancias que poden ser desde fibra dietética a ter propiedades incluso para mellorar a vida das persoas. Hai xente coma nós, de enxeñaría química, xente con formación biolóxica, médica...".
No proxecto participan once socios de España, Francia e Portugal, investigadores, pero tamén empresas, cun obxectivo compartido.
"Eliminar o problema dos residuos que hai nos montes e darlle unha saída dentro do que é a economía circular: converter algo que é un residuo en algo de valor", resume Gil Garrote.
Trátase dun proxecto a tres anos, cun orzamento dun millón trescentos mil euros.