Cargando resultados...
Unha novela de 7.000 euros fai historia na poxa de rubia galega do Corgo
Unha novela de 7.000 euros fai historia na poxa de rubia galega do Corgo
A mostra reúne exemplares de boa calidade dunha raza moia prezada pola súa carne
A feira é unha oportunidade para ver de preto máis dun cento de animais
G24.gal
22/06/2024 14:46
Última actualización 22/06/2024 15:20
Cita gandeira en Adai, no concello lugués do Corgo, onde este sábado se poden ver máis de 120 exemplares de rubia galega. A asociación que engloba a esta raza organiza unha poxa nacional e un concurso.
Unha proba da súa importancia é que un dos exemplares participantes na poxa alcanzou os 7.000 euros, unha cifra histórica nas 101 almoedas que se teñen realizado ata o de agora. A raza é moia prezada a nivel internacional.
Ademais da poxa, tamén hai concurso de animais. Os exemplares participantes compiten en sete categorías.