Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha paralise demasiada longa, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Unha paralise demasiada longa, por Venancio Salcines

G24.gal/Venancio Salcines 17/02/2025 08:10

Sesenta e sete parques denunciados ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e 62 paralizados. É dicir, unha denuncia implica, de feito, unha parálise. O Tribunal Superior argumenta fallos de forma. Algo que non observan outros tribunais equivalentes, como Madrid ou Andalucía, ou incluso o Supremo, que corrixe ó de Galicia.

O certo é que as denuncias veñen dos grandes grupos ecoloxistas, xeralmente os máis vencellados cos partidos da oposición política, e estes entenden que o tribunal galego é o máis sensible de España ás súas demandas xudiciais. Sexa así ou non, o certo é que a opinión do máis alto tribunal non fixo mudar a lectura xudicial do TSXG, e este buscou a opinión dos tribunais europeos, demorando, deste xeito, unha parálise que xa parece excesiva.

Pero, que estamos parando? Enerxía de Galicia para Galicia. A Xunta de Galicia ten creado o único marco lexislativo capaz de garantir que a nova enerxía das nosas renovables termine no noso tecido económico empresarial. E o faga con contratos bilaterais de longa duración, dando estabilidade e prezos baixos a empresas que polo seu tamaño nunca poderían conseguir tales acordos. Un custo, para Galicia, elevado, demasiado elevado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade