Unha parella de xabarís pasea polos parques de Ourense
Unha parella de xabarís pasea polos parques de Ourense
Graváronos envorcándose no parque infantil do Barbaña, a plena luz do día
Os veciños aseguran que son inofensivos
Rober amosa os vídeos que gravou hai un par de días, cando foi coa familia ao parque Barbaña. Os xabarís, que ían tranquilamente pola beirarrúa, acompañáronos.
"Ían diante coma se fosen uns canciños. Métense no parque, que estaba cheo de nenos, miraron para eles... Logo baixan, envórcanse na area... Tranquiliños de todo, coma se fosen uns canciños que andaban por aí", explica.
Xa os viran antes, cando chegaron co coche, na rotonda de acceso ao parque.
"Víase que eran inocentes de todo, tranquiliños, moi afeitos coa xente, coma se estivesen criados nunha casa", asegura Roberto.
Os veciños xa están afeitos. Aseguran que son inofensivos.
"Ai, miña nai! estaban aí abaixo, pero son mansiños, envorcándose diante de ti e todo. Se mos deran, levábaos para a casa". "Son perigosos se te chocas co coche ou iso, pero se non te metes con eles, non fan nada", din dúas veciñas.
E todo parece indicar que a situación vai ir a máis.