Unha parroquia de Leiro multiplicou por cinco a poboación menor de idade
Unha parroquia de Leiro multiplicou por cinco a poboación menor de idade
Lebosende pasou de ter 3 a ter 15 cativos en só catro anos
Vivenda accesible, proximidade e contorna son as claves
Leo e Nael son dous dos 15 menores de idade que viven hoxe no pequeno núcleo de Lebosende, en Leiro. Os seus pais, igual que outras familias, mudáronse aquí polas posibilidades laborais, a oferta de vivenda accesible e a tranquilidade da contorna.
Os veciños máis veteranos do lugar están encantados coa chegada de cada vez máis cativos. Hai catro anos só había tres e lembran épocas en que non había ningún.
A pandemia, coa busca de espazos naturais para os confinamentos e a posibilidade técnica de teletraballar tamén axudou a que as familias con fillos optaran por Lebosende.
Ao parecer, en breve serán 16 os menores en Lebosende. Unha boa nova para un enclave rural.