Cargando resultados...
Falece un mozo de 27 anos ao chocaren dous vehículos en Castro de Rei
Falece un mozo de 27 anos ao chocaren dous vehículos en Castro de Rei
Tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Vilalba
Outra persoa implicada no accidente quedou ferida
Estado no que quedaron os dous vehículos implicados
G24.gal
24/09/2022 08:55
Última actualización 24/09/2022 12:11
Un mozo de 27 anos morreu nun accidente de tráfico ocorrido esta madrugada no concello de Castro de Rei.
Segundo informa o 112, á unha e media da madrugada dous turismos bateron frontalmente no quilómetro 5,800 da estrada LU-P-1706.
Os bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar a vítima que faleceu no acto. Outra persoa quedou ferida e foi evacuada en ambulancia por persoal sanitario a un hospital lucense.
O subsector de Tráfico da Guardia Civil de Lugo abriu unha investigación para tentar determinar as causas do sinistro.
O lugar do accidente