Unha pista de Esmelle leva máis dun mes intransitable, desde os temporais de decembro
Unha pista de Esmelle leva máis dun mes intransitable, desde os temporais de decembro
Aseguran que é consecuencia do deficiente trazado das pistas da parcelaria, da falta de canalización da auga e de que non se limpen as cunetas
As escorrentías que provocou o temporal o 24 de decembro pasado causaron varios desprendementos de terra nesta pista de Esmelle. Moitos veciños pasean a diario por ela e mesmo era o acceso en coche para unha vivenda, pero desde entón quedou intransitable.
Os que a usan teñen que armarse con botas ou saltar polos valados para pasar. A pesar dos reiterados avisos no concello, a pista segue no mesmo estado.
Aseguran que isto é consecuencia do deficiente trazado das pistas da parcelaria, da falta de canalización da auga e de que non se limpen as cunetas.
Pero non é a unica queixa. Os veciños de Esmelle din sentirse abandonados no rural. Aseguran que os madeiristas estragan as estradas, e que carecen de iluminación pública entroutras deficiencias.