Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha praga de veleiriños cobre as praias de Portomaior e Agrelo, en Bueu

Unha praga de veleiriños cobre as praias de Portomaior e Agrelo, en Bueu

A aparición destas pequenas medusas de pouca toxicidade responde á chegada de auga quente á costa

G24.gal 10/05/2023 13:55

Un manto de pequenas medusas de cor azul cubrindo as praias de Portomaior e Agrelo. Foi a curiosa imaxe que atoparon os veciños de Bueu que onte saíron camiñar polos areais.

Malia que inicialmente pensaron que eran carabelas portuguesas e incluso mexillóns desde o CEMMA identificaron esta especie como veleiriños. A súa aparición está relacionada coa chegada de masas de auga quente á costa.

Os veciños aseguran que nunca as viran nestas praias.

A súa picadura non é perigosa, pero si pode causar reacción na pel.

Esta noite a marea devolveu a maioría ao mar. A previsión é que as sucesivas mareas limpen as que quedan na praia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar