Unha quenlla obriga a pechar as praias de Bastiagueiro e Espiñeiro en Oleiros
Unha quenlla obriga a pechar as praias de Bastiagueiro e Espiñeiro en Oleiros
Tras comprobar que non era unha especie perigosa autorizouse o baño na zona despois dunha hora
O exemplar varou pouco despois en Santa Cristina e foi devolto ao mar
O avistamento dunha quenlla obrigou a pechar este sábado ao baño durante unha hora as praias de Bastiagueiro e Espiñeiro, situadas no concello coruñés de Oleiros.
O concello informou de que o viron nos areais, o que motivou a prohibición do baño.
Era inofensivo
O escualo, duns catro metros de longo, era inofensivo e non entrañou risco para os bañistas. A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños informou os técnicos municipais de que a especie non era perigosa, polo que a súa presenza nas augas non supón un perigo para as persoas.
Pouco despois avistaron a quenlla na praia de Santa Cristina, onde varou pero pouco despois lograron devolvela ao mar con vida.