Cargando resultados...
Unha tormenta asolaga o centro de Verín
Unha tormenta asolaga o centro de Verín
En menos dunha hora caeron 42 litros por metro cadrado
A tromba de auga inundou rúas, baixos comerciais e garaxes
G24.gal
31/05/2023 08:47
A provincia de Ourense está sendo especialmente castigada polas treboadas. Tras as intensas precipitacións do luns, que deixaron rexistros históricos, onte á tarde volveu caer auga con forza.
Entre as 7 e media e 8 e media da tarde a estación meteorolóxica de Verín recolleu preto de 42 litros por metro cadrado, case o triplo do inicialmente prognosticado.
A auga chegou ao medio metro de altura nalgunhas zonas, anegando rúas, baixos comerciais e garaxes. Os bombeiros realizaron unha ducia de intervencións.
Numerosas estradas do concello quedaron completamente intransitables e noutras a circulación complicábase por momentos debido ás pozas de auga.