Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha tromba de auga e pedrazo complicou a circulación na autovía A52 á altura de Ponteareas

Unha tromba de auga e pedrazo complicou a circulación na autovía A52 á altura de Ponteareas

Tronou e choveu desde a media tarde, sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra

Ata as sete da tarde caeron sobre Galicia 1.200 raios

G24.gal 07/06/2024 21:05 Última actualización 07/06/2024 21:12

A sensación de bochorno deu paso a intensas treboadas a media tarde, sobre todo na provincia de Ourense. En Celanova empezou chovendo e acabou sarabiando con ganas. 

O mesmo pasou en Maceda ou en Entrimo, que foron os puntos onde máis choveu. En Chandrexa de Queixa a auga pasou por enriba dalgunhas estradas secundarias.

Máis complicado foi circular pola autovía A-52, a que une Vigo con Madrid. Así estaba a media tarde ao seu paso por Allariz. Pouco despois, unha tromba de auga e de pedrazo colapsábaa á altura de Ponteareas, onde moitos coches decidiron parar a marcha.

Co paso da tarde as treboadas fóronse desprazando cara á provincia de Pontevedra. Choveu con forza no interior e na costa, en puntos como Marín ou Cangas.

E tronou, moito. Ata as sete da tarde caeron sobre Galicia máis de 1.200 raios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos