Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vaca frisoa do Saviñao acada os 1.600 quilos de peso

Unha vaca frisoa do Saviñao acada os 1.600 quilos de peso

O animal leva seis anos sendo cebado polos propietarios

Na granxa hai outro exemplar de 1.300 quilos

G24.gal 27/04/2022 19:55

Cuca é unha vaca frisoa moi particular. Ao contrario das da súa especie, leva anos sen dar leite. O que fai é pacer no prado polo día, durmir na corte pola noite e comer millo nos días en que non pode sair ao pasto. Con esta forma de vida é normal que acade un peso moi elevado pero o que non agardaba o seu propietario é que chegase a eses case 1.600 quilos que a converten na vaca máis pesada de Galicia a día de hoxe.

Cuca é irmá por parte de pai de Linda, outra frisoa que non da leite pero que tamén ten un peso esaxerado para esta raza, 1.300 quilos. Ámbalas dúas teñen seis anos de idade e precisan dun coidado moi esmerado para non ter problemas de saúde polo seu peso. Hai que vixiarlles o ritmo cardíaco e mantelas nunha contorna onde non se lles danen as patas.

Polo seu peso e idade, Cuca xa ten conformada de xeito ideal a carne polo que non vai tardar en ser vendida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade