Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vacina de ARN logra resultados esperanzadores contra o cancro de páncreas

Unha vacina de ARN logra resultados esperanzadores contra o cancro de páncreas

Consegue inducir unha resposta inmunitaria e atrasa a recaída dos pacientes 

O ensaio clínico levouse a cabo no hospital Memorial Sloan Kettering de Nova York O ensaio clínico levouse a cabo no hospital Memorial Sloan Kettering de Nova York
G24.gal 11/05/2023 08:46 Última actualización 11/05/2023 08:54

Unha vacina experimental está mostrando resultados prometedores contra un dos cancros máis letais, o de páncreas. É unha vacina de ARN mensaxeiro que induce unha resposta inmunitaria e atrasa a recaída dos pacientes con adenocarcinoma ductal pancreático. Unha reacción que se consegue cando se usa con outros tratamentos, como quimioterapia e cirurxía.

A vacina logrou frear a progresión do cancro na metade dos 16 pacientes que a recibiron no hospital Memorial Sloan Kettering de Nova York. Nun deles, mesmo eliminaron a metástase no fígado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade