Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vacina en fase de investigación podería acabar coa alopecia

Unha vacina en fase de investigación podería acabar coa alopecia

A clave deste remedio contra a perda do cabelo é unha molécula descuberta recentemente

Félix Aragunde 26/01/2024 18:54 Última actualización 26/01/2024 20:04

Nin unha poción máxica nin un elixir milagreiro. Nada diso se prevé que acabe coa caída do pelo, senón unha vacina que aínda se encontra en fase de investigación.

"Sería marabilloso. Teriamos máis pelo para cortar. Se non hai calvos, temos máis traballo", comenta Ludy Quintás, peiteadora.

A clave desta hipotética vacina contra a perda do cabelo é unha molécula descuberta recentemente. Fai que o pelo comece a crecer de novo e, ao mesmo tempo, tamén fai que perigue a industria do transplante capilar.

Así e todo, é cedo para considerar a vacina como unha solución definitiva contra a alopecia. Os ensaios clínicos dunha farmacéutica estadounidense aínda se encontran nas etapas iniciais, pero cabería pensar que podería chegar a ser unha realidade antes de que quedemos todos calvos.

Só por detrás da República Checa, cunha incidencia de preto do 43 por cento da poboación, España ocupa o segundo posto no podio mundial da alopecia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade