Unha veciña de Monforte é tataravoa con tan só 89 anos de idade
Unha veciña de Monforte é tataravoa con tan só 89 anos de idade
A súa filla de 69 anos tamén é unha bisavoa precoz
O seu primeiro tataraneto, Leo, naceu hai poucas semanas
É a foto de Hortensia Rodríguez, coñecida como Chucha dos Cancelos, co seu primeiro tataraneto, Leo. Esta veciña de Monforte, oriúnda de Sober, chegou a ser tataravoa con só 89 anos de idade. Sabe que o da súa familia é un caso único de maternidade precoz e é que tanto a súa filla como os seus netos e bisnetos foron pais e nais a idade temperá. Ela resta importancia a este feito e di que o importante é que son unha familia en que todos se levan ben.
Se o de Hortensia é un caso atípico, non o é menos o da súa filla Clara. Con 69 anos de idade xa é bisavoa e ten unha filla que foi avoa con 46. Clara é quen está no día a día con Hortensia e que vai con ela todas as semanas ao seu Gundivós natal. Esta antiga pasteleira confía en que o pequeno Leo poida convertela en tataravoa e di, medio en broma, o segredo da precocidade.
Sendo oriúnda de Sober, é moi probable que ambas as dúas mulleres cheguen a superar os cen anos de idade. Porque nese concello da Ribeira Sacra chegou a haber ata 11 persoas centenarias.