Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Tumberry, varado en Sanxenxo, un dos iates máis luxosos de España

O Tumberry, varado en Sanxenxo, un dos iates máis luxosos de España

O iate é propiedade dun sobriño de Amancio Ortega e sufriu unha vía de auga

As primeira tarefas centráronse no baleirado do milleiros de litros de auga

G24.gal 17/12/2023 17:40 Última actualización 17/12/2023 22:08

A voz de alarma saltaba pasadas as dez da mañá. O persoal de mantemento do peirao de Sanxenxo, onde permanecía amarrado, alertaba do seu afundimento por proa. 

Aproveitando a marea, que estaba baixando, e ante o perigo de que afundise no propio peirao, tomaron a decisión de remolcalo ata unha praia próxima.

E unha vez alí, e con todos os equipos e servizos de emerxencia na zona, decidiron encallalo na área para comezar cos traballos de achique.

Unha actuación que obrigou a activar o protocolo de emerxencias e o plan de seguridade anticontaminación. Por iso, colocáronse barreiras de contención para evitar unha posible vertedura, que por sorte non chegou a producirse. Foi unha manobra complexa, que salvou o iate e evitou unha catástrofe medioambiental. 

O barco puido volver por si mesmo ao peirao flotante, xa que a auga non lles afectou aos motores. Ata aquí achegáronse a propia armadora, o capitán e a súa tripulación para avaliaren os danos. Este iate, de case 50 metros de eslora, é unha das embarcacións máis luxosas de España, propiedade de Juan Carlos Rodríguez Cebrián, sobriño de Amancio Ortega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade