Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte detidos supostamente relacionados coa construción de planadoras para o narcotráfico

Vinte detidos supostamente relacionados coa construción de planadoras para o narcotráfico

A maior parte das detencións realizáronse no Salnés

Houbo 27 rexistros en vivendas e naves onde supostamente se constrúen as narcolanchas

A operación ten ramificacións noutras provincias de España e en Portugal

G24.gal 06/04/2022 14:06

A operación da Garda Civil e a Policía Nacional contra unha organización criminal dedicada á construcción de embarcacións destinadas ao narcotráfico comezou de madrugada cun importante dispositivo que se despregou en distintas localizacións do Salnés, para o que empregaron tamén helicópteros.

Ata o de agora hai unha vintena de detidos, 15 deles en Galicia, e a maior parte na comarca do Salnés, segundo fontes da Policía Nacional. Oito en Cambados. Entre os detidos está Ramón Bugallo Martínez, alias Mon, curmán de Sito Miñanco. Fora detido en 2009 por participar no transporte de máis de dúas toneladas de cocaína.

Os axentes realizaron un total de 27 rexistros en vivendas e naves. A metade deles, 15, foron nas vilas galegas de Cambados, Vilagarcía de Arousa e Ribeira. O resto foron en Salamanca, nas concellos madrileños de Torrejón, Alcobendas e Arganda del Rey, e tamén en Barcelona, Sant Feliu de Llobregat e Martorell. Os dous últimos realizáronse en Portugal. 

Na operación interviñéronse embarcacións, moldes para fabricalas, cartos en efectivo e outros efectos presuntamente destinados á actividade ilícita investigada.

Está previsto que os arrestados pasen á disposición xudicial o venres no Xulgado de Instrucción número 4 de Cambados, que leva o caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade