Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vintena de pemes galegas, seleccionadas para o programa Galicia Avanza

Unha vintena de pemes galegas, seleccionadas para o programa Galicia Avanza

Recibirán axuda personalizada para colocaren os seus produtos no mercado exterior

O programa valorou as propostas máis innovadoras, como un baño para coellos ou unha manta para bebés que ole a leite materno

G24.gal 02/07/2024 13:36

Un váter pregable para coellos, con comedeiro e bebedoiro incluídos, é un dos produtos seleccionados para a internacionalización do programa Galicia Avanza. O fabricante é unha empresa ourensá que leva cincuenta anos construíndo equipamento para granxas e agora, aproveitando esa experiencia, abriuse ao sector das mascotas. Tamén deseñan hamacas e sofás para cans e gatos.

Abel Pascual, xerente de Gómez y Crespo: "Temos algunhas vendas en Alemaña e Francia, pero o que queremos é desenvolver unha estrutura comercial, non só vendas puntuais".

Outra das empresas seleccionadas é unha de Cea. Queren exportar as súas conservas e cosméticos elaborados con vexetais do rural galego, sen conservantes nin colorantes. Hoxe reciben a primeira visita da titora asignada polo programa.

Silvia Garriga, xerente de Nela Gourmet e Nela Biosens: "Para facer un estudo de mercado, a que mercados é máis interesante ir, cales se adaptan mellor ao noso tipo de produto..."

O programa esténdese ata febreiro do ano que vén e ofrece apoio personalizado, en función das necesidades específicas de cada empresa.

Isabel Álvarez, titora do programa: "Axudarlles a que cheguen aos mercados internacionais máis rápido. Permite unha batería de servizos moi ampla. O máis importante é adaptarnos ás empresas e ofrecer servizos que precisa. É moi a medida".

Nesta terceira edición beneficiaranse do programa 21 empresas galegas con produtos innovadores e sustentables, coma unha manta para bebés elaborada con la de ovella e fibra de proteína láctea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade