Cargando resultados...
Unhas obras descobren un túnel subterráneo no parque da alameda de Santiago
Unhas obras descobren un túnel subterráneo no parque da alameda de Santiago
Os arqueólogos estudan a orixe do pasadizo e non descartan que poida haber máis
G24.gal
31/01/2022 20:30
As obras de restauración dun noiro descubriron este túnel subterráneo no parque da alameda de Santiago.
Os arqueólogos están estudando a orixe deste pasadizo que se atopa inundado pola auga. Non hai aínda conclusións claras, pero hai documentos que fan referencia á existencia de mananciais de auga na zona que antigamente alimentaban os lavadoiros que había na parte vella da cidade.