Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soldados da Brilat parten cara a Malí nunha operación de asesoramento militar

Soldados da Brilat parten cara a Malí nunha operación de asesoramento militar

Van remudar outro continxente que se atopa no país africano dende finais de ano

Durante o mes de maio terán lugar novas partidas dende a terminal de Peinador

G24.gal 15/05/2022 09:54 Última actualización 15/05/2022 14:47

Trinta e seis membros da Brigada VII pertencente á Brilat partiron á primeira hora deste sábado dende o aeroporto vigués de Peinador con destino a Malí, onde remudarán outro continxente pertencente á mesma unidade e que leva no terreo dende finais do ano pasado.

Xúntanse a outras unidades do Exército de Terra e de Infantería de Mariña, ata chegaren a uns 175 efectivos, que aterrarán este serán en Bamako, a capital do país africano.

É a primeira quenda das remudas que se desenvolverán durante o mes de maio para substituír os máis de cincocentos efectivos españois que se atopan no estado africano.  

A despregadura forma parte dunha operación liderada pola Unión Europea para asesorar militarmente, en dereitos humanos e en formación sanitaria as forzas e corpos de seguridade de Malí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade