Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unidas Podemos, "lonxe de votar si" á reforma do PSOE da lei do 'só si é si'

Unidas Podemos, "lonxe de votar si" á reforma do PSOE da lei do 'só si é si'

Os socialistas levan a próxima semana ao pleno do Congreso a proposición de lei que presentaron en solitario

G24.gal 01/03/2023 14:43

A ministra de Igualdade segue defendendo a lei do 'só si é si', aínda que se abre a reformala debido ás rebaixas de condenas "que xeraron dor en moitas vítimas e preocupación social".

Segundo Irene Montero, o Executivo ten que "dar unha resposta", que pasaría, na súa opinión, por ser "unha resposta unitaria como Goberno".

Pero esa resposta unitaria como Goberno semella complicada porque os socios nin sequera están negociando. O PSOE leva a próxima semana ao pleno a proposición de lei que presentou en solitario.

A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez,  cre que "é a solución" e agarda que "sexa apoiada por unha maioría da cámara, especialmente pola maioría que apoiou e avalou esta reforma legal".

Unidas Podemos non ten aínda decidido o sentido do seu voto, pero, segundo o presidente do seu grupo no Congreso, Jaume Asens, "evidentemente, estamos lonxe de votar que si a unha proposta de lei que non conta co Ministerio de Igualdade".

A proposición votarase na véspera do 8 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos