Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos anuncia unha lei para penalizar as empresas que desaloxan vivendan ocupadas

Podemos anuncia unha lei para penalizar as empresas que desaloxan vivendan ocupadas

PP e PSOE desmárcanse dunha medida coa que se pretende penalizar empresas como Desokupa

G24.gal 18/05/2023 14:26 Última actualización 18/05/2023 14:49

A modificación que pretende Unidas Podemos propón perseguir as empresas que acosen, discriminen ou intimiden persoas en situación de vulnerabilidade. Permitiría a disolución dese tipo de empresas e imporía penas de ata catro anos de prisión para os seus membros.

Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos, definía unha desas empresas, Desokupa, como un comando parapolicial e aseguraba que "son un problema democrático grave".

Os responsables da empresa á que se refire Ione Belarra aseguran que a proposta de Unidas Podemos é por interese electoral.

O PSOE desmárcase da proposta de Unidas Podemos. María Jesús Montero asegura que a lei de vivenda xa contén medidas relativas a este asunto. E dende o Partido Popular, Borja Sémper fala de desproposito dun Goberno que favorece os que ocupan as vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade