Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adestran cans en Asturias para localizar tumores no seu estadio inicial

Adestran cans en Asturias para localizar tumores no seu estadio inicial

 Unha liña de investigación aberta en Asturias aproveita o olfacto dos animais para a detección temperá do cancro

G24.gal 15/10/2023 14:31 Última actualización 15/10/2023 14:59

Unha das estratexias máis eficaces para loitar contra o cancro é a súa detección temperá. E dende hai anos hai aberta unha liña de investigación a partir dunha habilidade innata nos cans: o seu extraordinario olfacto, capaz de localizar determinados tipos de tumores no seu estadio inicial.

Nai é unha cadela de raza pastor belga e co seu xesto de sentar está a facer un sinal ao seu adestrador. Para ela é un xogo, pero grazas á extraordinaria calidade do seu olfacto acaba de marcar unha mostra canceríxena dun tumor de testa e pescozo.

Esta cadela de cinco anos forma parte dunha liña de investigación desenvolvida en Asturias que pretende aproveitar as habilidades olfactivas dos cans para detectar determinados tumores no seu estadio inicial.

"Este estudo é para ver se os cans poden facer un método de 'screening' (cribado) para ver se se pode aplicar a toda a poboación que é máis propensa a este tipo de cancro. Normalmente trátase de maiores de cincuenta, cincuenta e cinco anos. Xente que tivese contacto co tabaco ou alcol, para detectar de xeito temperán este tipo de tumores", conta Agustín Ortal, adestrador dos cans e presidente de Canvida Detección.

"Empezamos de xeito voluntario pero son moitas horas que dedicar a isto, temos gastos. Estamos nunha campaña de captación por se catro ou cinco empresas asturianas nos apoian", explica o presidente de Canvida na necesidade de financiamento.

Este proxecto de investigación cos cans dura uns vinte meses. Se finalmente conseguen a eficacia esperada, estes extraordinarios animais poderían empregarse para facer cribados e mesmo evitar biopsias invasivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade