Publicador de contidos
Publicador de contidos

A dirección de UPN avala a expulsión dos dous deputados que votaron contra a reforma laboral

A dirección de UPN avala a expulsión dos dous deputados que votaron contra a reforma laboral

O comité de garantías decidirá nos próximos días se ratifica a decisión

O venres a dirección do partido esixiulle á renuncia á acta aos seus deputados

G24.gal 05/02/2022 13:14

O consello político de Unión do Pobo Navarro avalou este sábado a decisión de  expulsar aos dous deputados que votaron en contra do acordado por UPN co goberno en relación ao apoio da formación navarra á reforma laboral. Aseguran que se tratou dunha deslealdade e que racharon a disciplina de voto.

 O partido esixiulles o venres aos dous deputados que entreguen as súas actas no Congreso.  Os dous deputados acudiron á cita para explicar o motivo do seu voto. contrario á reforma laboral presentada polo executivo tras o acordo cos axentes sociais.

O comité de garantías decidirá nos próximos días se ratifica esta decisión do seu máximo órgano entre congresos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade