Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uribes: "Imos facer todo para reconducir esta situación inaceptable na RFEF"

Uribes: "Imos facer todo para reconducir esta situación inaceptable na RFEF"

Ao preguntarlle sobre unha posible inhabilitación a Rocha, Uribes afirmou que "iso ten que decidilo o TAD"

G24.gal 16/04/2024 13:58 Última actualización 16/04/2024 14:05

O presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), José Manuel Rodríguez Uribes, asegurou que o Goberno e o organismo van facer "todo para reconducir esta situación inaceptable na Federación Española de Fútbol" e a convocar á Comisión Directiva do CSD para estudar a decisión do Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) de expedientar a súa Comisión Xestora.

"O Goberno de España e o CSD vai facer todo o que teña que facer para reconducir esta situación inaceptable na Federación e imos facer todo o que estea na nosa man con firmeza e respecto a lei", dixo Uribes á entrada do Congreso.

Uribes avanzou que ante a súa potestade para convocar á Comisión directiva e, "dada a gravidade dos feitos e a cualificación que fai o TAD, vai citar en breve á mesma "para estudar a resolución e tomar decisións coherentes, acorde con esa cualificación dos feitos".

O TAD acordou onte abrir expediente a Pedro Rocha, expresidente da Comisión Xestora da RFEF único candidato á presidencia da mesma, así como ao resto de membros da xestora, por sete posibles infraccións moi graves tras extramilitarse nas súas funcións, situación que posibilita á Comisión Directiva do CSD decidir unha suspensión cautelar dos expedientados.

Preguntado sobre unha posible inhabilitación a Rocha, Uribes afirmou que "iso ten que decidilo o TAD" e explicou que agora se abre un procedemento no que a Xestora e o propio Rocha van poder defenderse, alegar as razóns que teñan, pero hai unha previa decisión do TAD que incoa expediente disciplinario.

"Quen cualifica se son graves ou non é o TAD", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade