Urxen melloras viarias entre A Estrada e Lalín
Urxen melloras viarias entre A Estrada e Lalín
Os condutores denuncian que no seu percorrido circulan por zonas co firme deteriorado, sorteando fendas e fochancas
Viaxamos da Estrada a Lalín, pasando por Silleda. Tres concellos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes que aglutinan máis do 70 % da poboación, e que usan as nacionais 640 e 525 para os seus desprazamentos.
Os condutores denuncian que no seu percorrido circulan por zonas co firme deteriorado, sorteando fendas e fochancas nunha vía que cualifican de ruinosa nunha pintada á altura do Foxo.
Hai queixas tamén no centro da vila da Estrada, atravesada pola N-640 porque "houbo varios atropelos e accidentes de coche con coche. O máis grave cun peón falecido hai uns días" explican os veciños.
Os usuarios urxen melloras nestas dúas estradas nacionais. Din que no estado actual supoñen un risco.