Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha estrutura feita con vimbio dará sombra á beira do lago das Pontes

Unha estrutura feita con vimbio dará sombra á beira do lago das Pontes

A cesteira Julia de la Cal foi a que ideou a proposta

G24.gal 12/03/2023 20:47 Última actualización 12/03/2023 21:16

Esta fin de semana desenvolveuse nas Pontes un obradoiro para crear unha pérgola vexetal. 
Situada a carón do lago, este ornamento vivo e feito de vimbio garante sombra e acubillo durante moitos anos.

O sábado pola mañá aquí apenas había terra vexetal e boas intencións. Pero ao rematar a fin de semana, a proposta fíxose real, e xa está creada a infraestrutura vexetal deste acubillo.

A cesteira Julia de la Cal foi a que ideou unha proposta que despois artellaron entre todo o voluntariado que se animou a colaborar durante a fin de semana.

Para facer a estrutura empréganse diferentes tipos de vimbio. As xuntas tamén están xunguidas con este material. Nuns meses, as follas completarán o traballo de dar acubillo e sombra á beira do lago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade