Usuarios do tren entre Lugo e Ourense levan máis dun ano facendo o traxecto por estrada por obras na vía
Usuarios do tren entre Lugo e Ourense levan máis dun ano facendo o traxecto por estrada por obras na vía
Os traballos, no treito entre Monforte e Ourense, tiñan que estar rematados en xullo, pero alongaranse ata abril de 2024 para adaptar a infraestrutura aos corredores europeos
O corte afecta oito trens por sentido ao día
As obras na liña ferroviaria entre Lugo e Ourense obrigan os viaxeiros a facer o traxecto por estrada desde hai un ano. Algúns dos afectados chegan a coller un taxi e un autobús para chegar ao seu destino.
Estaba previsto que os traballos, no treito entre Monforte e Ourense, remataran en xullo, pero ADIF decidiu acometer máis obras para adaptar a infraestrutura aos corredores europeos, actuando sobre túneles, pontes e viadutos. Falaban naquel intre de finais deste ano, pero a complexidade do terreo obrigará a manter a vía cortada en principio ata a abril de 2024.
O corte afecta a 8 trens por sentido ao día, non só rexionais, senón tamén de media e longa distancia, como o que une Galicia con Barcelona.