Usuarios do tren entre Vigo e A Coruña estiveron preto de dúas horas parados en Rois por unha avaría

Segundo informou Renfe, isto foi debido a unha incidencia técnica por algún fallo de equipos a bordo

G24.gal 03/11/2023 10:15 Última actualización 03/11/2023 11:00

Un tren de media distancia, entre Vigo e A Coruña estivo preto de dúas horas parado preto de Rois.

O tren parou e apagou as luces. O convoi, o 9072, saíu da estación de Vigo Urzáiz ás 06:40 horas e ata as 09:20 horas non chegou a Santiago de Compostela. Segundo informou Renfe, isto foi debido a unha incidencia técnica por algún fallo de equipos a bordo. 

Transcorrida máis de hora e media, o tren puido retomar a marcha e circulou cun atraso acumulado de 110 minutos.

"Parouse o tren, baixou a luz, e dixéronnos que quedara sen tensión", explica unha pasaxeira, que desembarcou en Santiago con case dúas horas de atraso. 

Viñan dous coches acoplados, e avariouse o primeiro. Houbo que xuntar as pasaxes no tren que funcionaba, pero entre unha cousa e outra pasaron 95 minutos retidos na vía. 

A avaría foi a incidencia do día, cando se vai recuperando a normalidade no servizo tras os cortes polo temporal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade