Cargando resultados...
UUAA recorrerá o intento das industrias lácteas de acabar coa prohibición de venda a perdas
UUAA recorrerá o intento das industrias lácteas de acabar coa prohibición de venda a perdas
Roberto García declarou esta mañá no Tribunal Supremo
Roberto García di que saltar a Lei da cadea alimentaria significará a desaparición da propia industria
G24.gal
31/05/2023 12:49
Unións Agrarias recorrerá ante a Xustiza o intento das industrias lácteas de tombar a prohibición da venda a perdas, é dicir, por debaixo dos prezos de custo. O secretario xeral do sindicato agrario Roberto García declarou esta mañá no Tribunal Supremo, no caso iniciado pola Federación Nacional de Industrias Lácteas, que interpuxo en novembro de 2022 unha demanda para tombar a Lei da cadea alimentaria.
O sindicato agrario alerta do perigo da ruptura desta lei, que non só significará a desaparición de máis granxas, senón da propia industria, e espera que o Supremo a referende.