Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vén de camiño un segundo buque con carbón para As Pontes

Vén de camiño un segundo buque con carbón para As Pontes

Trae 80.000 toneladas do mineral

G24.gal 14/11/2021 14:20

Endesa espera un segundo buque de carbón para a central térmica das Pontes. A carga, 80.000 toneladas de mineral, está de camiño ao porto exterior de Ferrol no Bahri Trader, un barco con bandeira de Arabia Saudita.

O 28 de outubro outro buque trouxéralle 20.000 toneladas, ás que hai que engadir as 40.000 que xa tiña almacenadas.

Fontes de Endesa indicaron que o complexo está preparado para entrar en servizo cando así se dispoña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar