Cargando resultados...
Comeza a vacinación dobre para xente maior de 80 que non vive en residencias
Comeza a vacinación dobre para xente maior de 80 que non vive en residencias
Preto de 215.000 persoas poderán inmunizarse, cando as citen, contra a gripe e contra a covid
G24.gal
15/10/2023 21:09
Última actualización 15/10/2023 22:54
A campaña de vacinación para os maiores de 80 anos que non vivan en residencias comeza este luns. Preto de 215.000 persoas poderán poñer, cando as citen, a vacina da gripe e a da covid.
Esta franxa de idade inmunizarase nos centros de saúde de cabeceira. Tamén a partir do luns bota a andar a campaña de vacinación para bebés de 6 e 59 meses.
O seguinte grupo de idade, que vai dos 70 aos 80 anos, citarase a partir do 26 de outubro. Neste caso, a vacinación farase nos grandes recintos.
O Servizo Galego de Saúde agarda ter vacinada toda a poboación sensible que o desexe antes do mes de xaneiro.