Publicador de contidos
Publicador de contidos

Valdoviño só conseguiu cubrir o 30 % das prazas de socorrismo

Valdoviño só conseguiu cubrir o 30 % das prazas de socorrismo

A ausencia de socorristas supliuse con persoal sanitario

G24.gal 12/08/2023 21:14 Última actualización 12/08/2023 21:23

Valdoviño ten vinte e cinco quilómetros de litoral e quince praias, varias sen servizo de salvamento. Este verán o Concello só conseguiu cubrir nove das trinta e tres prazas de socorrismo, o que se traduce nun problema de seguridade nos areais máis concorridos.

O Concello supliu a ausencia de socorristas coa contratación de profesionais sanitarios, preparados para realizar primeiros auxilios, pero non rescates. Están presentes, por exemplo, no areal do Río, onde realizan labores de prevención.

Algúns bañistas habituais, coñecedores dos perigos da zona, advirten dos riscos e en ocasións convértense en rescatadores. É o caso de José López Corral, que perdeu a conta da xente que axudou a saír do mar durante máis de dúas décadas. 

Xa xubilado, é habitual velo paseando pola praia e, se é preciso, avisando a xente imprudente dos riscos destas augas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade