Valoramos o momento da industria galega do videoxogo con Luz Castro
Valoramos o momento da industria galega do videoxogo con Luz Castro
A enxeñeira informática ferrolá pasou pola sección de e-sports do Galicia en goles
Nada en Ferrol, enxeñeira informática, vicepresidenta do Museo do Videoxogo, imparte graos e másters como o de Deseño, Desenrolo e Comercialización de Videoxogos na UDC, presidenta de Videoxogo.gal (Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos). É Luz Castro, a protagonista na sección dos e-sports do #GaliciaenXogo da Radio Galega.
Hoxe falamos do momento que vive a industria do videoxogo en xeral e a galega en particular, do bo papel dos tradutores galegos de videoxogos, da incipente participación da muller, cada vez máis presente no desenvolvemento dos xogos. Tamen se conversou de prexuízos, dos roles das protagonistas femininas e do que aínda queda por traballar en pro da igualdade.