Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vandalismo e roubos en coches e vivendas de Angueira de Castro

Vandalismo e roubos en coches e vivendas de Angueira de Castro

Os autores dos ataques deixaron cousas de valor e preferiron esnaquizar pertenzas dos veciños

G24.gal 21/06/2024 13:59

Preocupación no concello de Rois, ao lado de Padrón, por unha vaga de roubos en vehículos.
Alguén estragou sete coches que estaban aparcados na aldea de Angueira de Castro. Os donos atopáronos cos cristais rotos, coas tapicerías estragadas, e sen a documentación. Nun dos coches había unha camisola ensanguentada. Os ladróns tamén entraron roubar nunha casa. 

Os poucos veciños da tranquila contorna desta parroquia de Rois non entenden o asañamento coas súas pertenzas e os roubos que sufriron na aldea. Algún di que, despois de remexer en todo, preferiron levar cousas sen valor antes que unha tableta electrónica ou un equipo de música. Pensan que o obxecto principal da acción dos autores era facer dano.

A Garda Civil recibiu varias denuncias e xa investiga os feitos. Ademais conta con pegadas que deixaron os ladróns nun dos vehículos, no que probablemente se cortaron con algún cristal e deixaron unha camiseta con sangue.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade