Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vandalizan flores, xardineiras e ata algún nicho no cemiterio de Oseiro

Vandalizan flores, xardineiras e ata algún nicho no cemiterio de Oseiro

Durante toda a mañá, o camposanto foi un ir e vir de xente para facer avaliación dos danos

Estragaron máis de medio cento de centros florais que estaban colocados nos panteóns
G24.gal 09/09/2024 14:35

Indignación e moita tristura é o que senten os veciños de Oseiro, en Arteixo, polo acto vandálico ocorrido onte.

"Non sei que pasa, non sei que pasa coa xente, ou nos poñemos mal da cabeza todos ou non sei que vai pasar", lamentan os veciños.

Durante toda a mañá, o camposanto foi un ir e vir de xente para facer avaliación dos danos. Moitos souberon do sucedido a través das redes sociais.

Todo apunta a que tivo que suceder o domingo contra a hora de xantar.

"O sábado estiven aquí ata as sete e vinte, que a misa é ás oito e estaba todo recollido, non había nada disto".

"Avisáronnos ás nove da noite de que estaba o cemiterio todo estragado na parte de abaixo, na parte de arriba", narran os veciños que viven máis preto do cemiterio.

Hoxe xa había moito recollido, pero varias testemuñas describen que onte parecía que houbera alí unha batalla campal.

En total tiraron máis de medio cento de centros de flores. Ninguén sospeita quen puido profanar o camposanto. O caso xa está en mans da policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade