Publicador de contidos
Publicador de contidos

Varios feridos polo lanzamento de petardos dende unha ventá en Ribeira

Varios feridos polo lanzamento de petardos dende unha ventá en Ribeira

Todo apunta á protesta dun veciño polo ruído da festa nocturna

A rúa estaba chea de xente pola Festa da Dorna e xa pasara noutras ocasións, como durante a final da Eurocopa

G24.gal 22/07/2024 14:08

Sucedeu a noite en que España gañou a Eurocopa e repetiuse esta fin de semana, en plena celebración da Festas da Dorna, de madrugada e coa rúa chea de xente.

Segundo explica Javier Souto, do Gastrobar Beizos, que está debaixo: "Hai un mes mínimo que tira petardos polas noites ou cando hai xente aquí na terraza, e son petardos bastante potentes, non son pequenos".

Todo apunta a que é a protesta, un tanto temeraria, dun veciño dos pisos altos. 

"O veciño debe estar queimado polo ruído das festas, pero é un problema que leva tempo. Agora nas festas aumentou un pouco e é máis perigoso porque está a rúa chea de xente", engade Javier.

Desta vez, varias persoas quedaron feridas. Comentan dun mozo ferido nun pé, outro con queimaduras nunha man e unha terceira persoa cunha lesión nun oído. Temen que se repita e temen males maiores.

"Non sabemos quen é pero xa hai moito tempo que está pasando e non se dá atopado o culpable", lamenta o hostaleiro.

O edificio dende o que caen os petardos está en pleno centro de Ribeira, nunha rúa con varios locais de hostalería e moita festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade