Publicador de contidos
Publicador de contidos

Varios voos saen esta xornada con atraso do aeroporto de Santiago

Varios voos saen esta xornada con atraso do aeroporto de Santiago

Un servizo a Londres pospúxose seis horas e media

G24.gal 21/08/2022 14:20 Última actualización 21/08/2022 14:49

O calendario de folgas de Ryanair desenvólvese entre semana, de luns a xoves. Aínda que este domingo o día prevíase tranquilo, a pasaxe dun servizo das 6 e 25 da mañá a Londres desde Santiago, atopouse cun atraso de seis horas e media.

Persoal da compañía explicou, fóra de cámara, que a incidencia se debera a que non había tripulantes. Segundo indicaron, a situación non ten nada que ver coas folgas, senón que é consecuencia de que no verán, ao haber máis tráfico, é fácil que as tripulacións acumulen atrasos e logo paren para cumprir os tempos de descanso.

Un segundo servizo a Londres de Ryanair, previsto ás 11:30, marcaba tamén no panel de información de voos un atraso dunha hora.

Mentres os viaxeiros afectados agardaban a saída na zona de embarque, na terminal de facturación os pasaxeiros da compañía con outros destinos mostrábanse tranquilos.

Cando o panel acababa de anunciar o embarque dos voos pospostos, un servizo de Vueling a París advertía doutro atraso, este de media hora. Pouco despois tamén se atrasaba 40 minutos o de Ryanair a Lanzarote.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade